
A albáfega é unha herba anual, cultivada como perenne en climas tropicais, de crecemento baixo (entre 30 e 130 cm), con follas opostas dun verde lustroso, ovais ou ovadas, dentadas e de textura sedosa, que miden de 3 a 11 cm de lonxitude por 1 a 6 cm de anchura. Emite espigas florais terminais, con flores tubulares de cor branca ou violáceo as cales, a diferenza das do resto da familia, teñen os catro estambres e o pistilo apoiados sobre o beizo inferior da corola. Tras a polinización entomófila, a corola despréndese e desenvólvense catro aquenios redondos no interior do cáliz bilabiado.
Esta planta é moi sensible ás xeadas. Cultívase unicamente por sementes, que se poden sementar en sementeiros ou macetas nun invernadoiro a principios ou mediados da primavera. Require unha posición asollada, aínda que en climas de veráns moi calorosos agradece algo de sombra e chans fértiles, permeables e húmidos.
Ene | Feb | Mar | Abr | May | Jun | Jul | Ago | Sep | Oct | Nov | Dic |
Ene | Feb | Mar | Abr | May | Jun | Jul | Ago | Sep | Oct | Nov | Dic |
Para que creza sa e cunha follaxe abundante debemos recortar as súas follas de forma periódica cada dúas ou tres semanas. Así estimularemos o seu crecemento á vez que eliminamos as malas herbas.