
Segundo as variedades os bordos das follas poden ser lisos, ondulados ou aserrados. As sementes están provistas dun vilano plumoso.Son herbas anuais, con savia lechosa; talos erectos, solitarios ou poucos, glabros, 0.3 - 1 m de alto.
A leituga soporta peor as temperaturas elevadas que as baixas. Como temperatura máxima tería os 30 °C e como mínima pode soportar ata -6 °C. Non é bo que a temperatura do chan baixe de 6-8 °C. Esixe que haxa diferenza de temperaturas entre o día e a noite. Cando soporta temperaturas baixas durante algún tempo, as súas follas toman unha coloración avermellada que se pode confundir con algunha carencia. Prefire chans lixeiros, arenoso-limosos e con boa drenaxe. O pH óptimo sitúase entre 6,7 e 7,4. Vegeta ben en chans humíferos, pero se son excesivamente acedos será necesario encalar.
Ene | Feb | Mar | Abr | May | Jun | Jul | Ago | Sep | Oct | Nov | Dic |
Ene | Feb | Mar | Abr | May | Jun | Jul | Ago | Sep | Oct | Nov | Dic |
A Leituga esíxelle ao chan dúas cousas, a primeira é que sexa moi rico en nutrientes e a segunda é que drene moi ben. Para isto basta con botar unha boa cantidade de humus á terra onde as imos a plantar. O humus é moi rico en nutrientes e ademas actúa como unha esponxa, retendo a auga pero deixando pasar o exceso.